O blog Building Windows 8 de Microsoft anunciou este xoves a dispoñibilidade de Windows 8 Release Preview en 14 linguas, unha achega que segundo informa a compañía de Redmond constitúe a fase final do desenvolvemento cara a universalización definitiva e xeral do sistema operativo. Como novidades a ter en conta para os usuarios, dicir que a ferramenta fornece de novas aplicacións de Bing, incluíndo Bing Travel, Novas e Deportes. Tamén haberá “melloras notables na plataforma”, en palabras de Microsoft, no que atinxe aos servizos de correo electrónico, fotografías e persoas, dende a Consumer Preview.
A maiores, haberá “máis opcións de personalización da pantalla de inicio, máis compatibilidade para o uso de múltiples monitores, melloras os métodos para atopar e descargar aplicacións a través da Tenda Windows e novas funcións de seguridade familiar e control de privacidade e seguridade na navegación, incluíndo a función Non realizar seguimento activada de xeito predeterminado en Internet Explorer 10”.
Seguindo a cuestión do navegador, sinalar que o sistema operativo incorporará un soporte optimizado para o seu emprego táctil con Internet Explorer 10, ao integrar novas capacidades como “pasar de páxina”, que “permite a opción de follear páxinas con só esvarar un dedo, así como Adobe Flash Player, cen por cen integrado no navegador”. Segundo informa Windows, Internet Explorer 10 é a primeira ferramenta das súas características que inclúe a función Non realizar seguimento activada de xeito previo.
Vídeo promocional do Windows 8 Release Preview
Dispoñible Windows 8 Release Preview
Compartir Este Artigo
