
Xa que logo, o ENS resulta de obrigado cumprimento por parte de tódolos órganos da Administración, tanto a nivel local como autonómico e estatal, e tamén para empresas do sector TIC que presten servizos ou vendan produtos tecnolóxicos a administracións públicas, universidades e entes relacionados.
Isto vén a conto porque Galicia é pioneira na difusión do ENS nas Administracións públicas grazas a AGESTIC, que precisamente vén de levar a cabo unha xornada informativa en Madrid, sobre a importancia de que as AAPP e as empresas TI se adapten e implanten o ENS antes do vindeiro 31 de decembro do 2013, reforzando así as medidas de seguridade integral.
Nesta última parada, que tivo lugar sede da SETSI, José María López Bourio, presidente de AGESTIC e vocal de AMETIC, presentou o caso de éxito do Concello de Polanco-Cantabria, do que afirmou ser “o primeiro de España en obter a Certificación ISO 27001 e adaptarse ao ENS”.
Bourio tamén aproveitou a cita para destacar o caso de Galicia, onde AGESTIC, coa colaboración da AMTEGA, xa leva celebradas sete xornadas formativas para sensibilizar ao persoal das administracións públicas na implantación do ENS; e onde, ademais, ten en marcha un plan para chegar a Concellos e Deputacions.
Esta Xornada Informativa, celebrada por AMETIC e AGESTIC, congregou a numerosos profesionais da seguridade en liña, procedentes de diversos servizos das Administracións públicas, universidades, empresas TIC… todos eles interesados en saber cómo lles afecta e como se implanta o ENS, así como en coñecer a nova Guía ISO 27001 editada por Start Up.
AGESTIC amosa en Madrid os nosos avances en materia de seguridade en liña
Compartir Este Artigo

