
As persoas inscritas no curso, un total de 489, empregarán o sistema de videocolaboración para comunicarse cos seus compañeiros doutras aulas CeMIT en tempo real, a través de imaxe, chat e compartición e control de aplicacións remotas; mentres, noutras aulas que dispoñen dun equipamento máis avanzado (composto por un sistema de videoconferencia e por equipos audiovisuais e multimedia), os asistentes ás xornadas poderán desenvolver as actividades en formato presencial ou telepresencial, dependendo de onde teña lugar o curso formativo.
A actividade forma parte do Programa de Dinamización 2012 da Rede CeMIT da Xunta de Galicia, no que se insiren outras xornadas formativas en torno ás novas ferramentas de creación audiovisual, que se levarán a cabo nas vindeiras semanas e que completarán a formación das persoas asistentes a este curso.
Trátase de cursos sobre retoque fotográfico, sobre as funcións do community manager ou sobre streaming de audio e vídeo, entre outros, tamén de 15 horas de duración, así como de dous máis sobre produción audiovisual e creación multimedia, dunha carga de 40 horas lectivas.
As persoas interesadas nestes cursos poden pedir información ou reserva de praza directamente nas aulas CeMIT da súa localidade, chamando ao 981 552 568 ou ben na web oficial da entidade pública.
A Rede CeMIT inicia hoxe un curso de deseño gráfico en 41 localidades galegas
Compartir Este Artigo

