O Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, Gradiant, está a preparar un seminario para analizar o futuro das comunicacións por satélite no contexto das comunicacións móbiles, “dende a perspectiva da industria”, indican, que contará coa asistencia de destacados persoeiros do sector.
Trátase do seminario The satellite role in the mobile communications, que terá lugar o vindeiro venres, 15 de xuño, na sede de Gradiant en CITEXVI, e que atraerá a actores industriais destacados no campo das comunicacións móbiles e por satélite, tales como Hispasat, Abertis Telecom, Thales Alenia Space Spain ou Alcatel-Lucent.
Segundo informa a organización, estas empresas ofrecerán a súa visión de negocio “do papel que o satélite está chamado a representar na nova era de servizos móbiles en Europa”, indican, así como o futuro inmediato desta tecnoloxía tan necesaria no noso país.
O seminario, que se enmarca nas actividades do proxecto LIFTGATE, é de asistencia libre e de balde, previo rexistro en liftgate@gradiant.org.
Gradiant organiza un seminario internacional sobre comunicacións por satélite e mobilidade
Compartir Este Artigo

