O servizo de vídeo baixo demanda Voddler, actualmente presente en Suecia, Noruega, Dinamarca, Finlandia e España, e que combina contidos de balde con contidos de pagamento, vén de anunciar a estrea da súa aplicación oficial para Windows Phone, que non só permitirá acceder aos contidos dispoñibles vía web, senón que tamén conta coa funcionalidade Movie Night (noite de cine) que permite a varios amigos a sincronización da reprodución dunha película, facilitando así o seu consumo social, de xeito que a distancia non será atranco para gozar dun filme coma se estivesen no mesmo salón.
Voddler tamén chegou a un acordo con Nokia para ofrecer contidos exclusivos para os usuarios de terminais Lumia, o que inclúe 4 meses de Voddler Plus (valorado en 7,90 euros/mes) e 2 películas. Polo momento esta aplicación será exclusiva para terminais Lumia.
Voddler estrea aplicación para móbiles Lumia
Compartir Este Artigo

