Hoxe comezou a desenvolverse na sede da Fundación Barrié na Coruña o obradoiro TICemprende, que ten como obxectivo dar a coñecer aos empresarios do sector TIC os fundamentos básicos sobre creación, desenvolvemento e xestión de marcas, así como as estratexias, técnicas, ferramentas e mellores prácticas neste ámbito.
A finalidade é conseguir que, deste xeito, os xestores poidan liderar con éxito procesos de branding TIC corporativo e de desenvolvemento de marcas en liñas de negocio, proxectos e produtos neste sector.
Esta iniciativa enmárcase dentro do Programa TICemprende, dentro do cal a Consellería de Economía e Industria impulsa, a través de BIC Galicia, unha serie de obradoiros prácticos que pretenden contribuír á implantación efectiva de procesos de mellora nas empresas TIC da nosa comunidade, a través do emprego de novas técnicas e ferramentas de xestión empresarial que conduzan á súa consolidación e a un incremento significativo da súa competitividade.
Un obradoiro na Coruña achega aos empresarios do sector TIC as estratexias de xestión de marcas
Compartir Este Artigo
