Durante a clausura da Conferencia REACH 112, congreso organizado pola Axencia Galega de Emerxencias e a Asociación Europea do Número único de Emerxencias 112, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que a nova Lei de Accesibilidade incluirá un apartado específico para promover a igualdade de acceso no ámbito das telecomunicacións, as novas tecnoloxías e os servizos que prestan as Administracións públicas e afirmou que un dos grandes retos do noso tempo en materia de discapacidade é a busca da accesibilidade universal.
Feijoo subliñou que para logralo, este Reach 112 constitúe un avance enormemente significativo no ámbito das emerxencias, “xa que con iniciativas coma as que hoxe se analizan neste congreso, cumprimos co principio de igualdade dos cidadáns. A igualdade no acceso aos servizos públicos esenciais debe incluír o acceso aos servizos de emerxencias, son os máis esenciais e necesarios”.
Así mesmo, o presidente do Goberno galego destacou a aposta da Xunta pola xestión en emerxencia, conscientes de que se trata dun servizo fundamental e que investir nel é investir na seguridade dos cidadáns e na súa calidade de vida, para o que están a construír “un moderno e avanzado Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, que concentrará na Estrada todos os recursos destinados á xestión das emerxencias, a través do 112, así como a formación en materia de resposta ás emerxencias para colectivos como Protección Civil, bombeiros ou policías locais. Formación, xestión e resposta ás emerxencias concentradas nun mesmo lugar, dotadas tecnoloxicamente e coas mellores instalacións”.
Unha lei galega perseguirá a igualdade no acceso ás TIC
Compartir Este Artigo
