
Esta aplicación de balde permite consultar o tempo para 14 días en 200.000 localidades, de xeito que fai doado e áxil comprobar a previsión para as vindeiras horas ou días, estando adaptada a súa interface tanto a orientación vertical como horizontal, e destacando esta nova aplicación fronte á de iOS polo feito de poder instalarse no escritorio do móbil coma widgets nos que consultar directamente a información meteorolóxica das nosas localidades favoritas.
Eltiempo.es para Android tamén conta con mapas de predición de precipitacións, imaxes de satélite, mapas de predición de temperaturas, mapas de predición de presións, mapas de nubosidade, información meteorolóxica da casto e o mar, avisos meteorolóxicos e información sobre estacións de esquí.
Eltiempo.es estrea aplicación para Android
Compartir Este Artigo

