Paco León dirixiu á súa nai e á súa irmá en Carmina o revientaEsta semana unha película española fai a meirande aposta multi-plataforma vista ata o momento no noso territorio, pois o coñecido actor Paco León decidiu que Carmina o revienta, filme que dirixe e que está protagonizado pola súa propia nai (Carmina Barrios) chegase de xeito simultáneo a salas de cine, DVD e plataformas de vídeo baixo demanda (a través da Internet ou de operadores de televisión de pagamento), de xeito que o consumidor pode elixir como gozar unha obra que pode alugarse por 1,95 euros ou mercarse en soporte físico por 5,95 euros. Carmina Barrios é a protagonista do filme dirixido por Paco LeónA película mestura ficción e realidade, contando coa participación tanto de familiares de Paco León como de actores profesionais, dando lugar a unha obra que está a ser moi ben recibida pola crítica, chegando incluso a gañar 3 premios no Festival de Málaga (incluíndo o de Mellor Actriz). A distribución en salas cinematográficas de Carmina o revienta é moi limitada (en Galicia só pode verse en Vigo e Lugo), en DVD xa está dispoñible en numerosos establecementos a un prezo moi axustado, os clientes dos servizos de televisión de Ono, Movistar, Canal+ Yomvi e PlayStation Network tamén pode alugar o filme á carta e a través da Rede tamén está dispoñible en Filmin (plataforma na que ten un prezo de só 1,95 euros), en Google Play, MiTele, Booquo, Youzee e incluso iTunes, aínda que nesta última plataforma o seu prezo é o máis elevado de todas (5,99 euros).