A aplicación de Google+ chega finalmente ao iPadA experiencia móbil de Google+ vén de mellorar substancialmente coa actualización á versión 3.0 da aplicación oficial do servizo para dispositivos con iOS, que conta como principal novidade a súa adaptación ao iPad, plataforma para a que esta plataforma social de Google muda substancialmente, aproveitando exhaustivamente os xestos táctiles no control das distintas funcionalidades da aplicación e incorpora a posibilidade de iniciar Hangouts directamente dende o iPad e poder amosar estas videoconferencias a 10 participantes no televisor a través da tecnoloxía AirPlay. Os eventos de Google+, que permiten facilitar os encontros con amigos achegando información previa dos eventos, o envío de invitacións e incluso a sincronización con Google Calendar chegan agora o iPhone, coa posibilidade de revivir as festas nas que participemos, consultando as entradas e fotografías publicadas polos seus asistentes.