Na apertura dunha xornada técnica sobre as axudas da Xunta para a creación e consolidación de empresas innovadoras do sector TIC, o director xeral do IGAPE, Javier Aguilera Navarro, manifestou que existe un marco de apoio de privilexio para que os proxectos tecnolóxicos poidan mellorar a súa competitividade e avancen na súa internacionalización mediante préstamos participativos ou a través de programas do IGAPE.
Aguilera Navarro salientou que a Consellería de Economía e Industria dispón de instrumentos especializados como os fondos de capital risco i2C, Xes Innova, Xes Posibilita ou Emprende, dotados con 23 millóns de euros, para facilitar a posta en marcha ou o desenvolvemento de proxectos especialmente innovadores.
Tamén salientou o importante esforzo do actual Goberno galego para favorecer as iniciativas de incorporación da innovación aos procesos e produtos das empresas galegas e para impulsar a internacionalización das PEME galegas. Aguilera Navarro recordou que nesta lexislatura o IGAPE aprobou máis de 3.000 proxectos para facilitar a mellora da competitividade das empresas galegas, mediante a incorporación de tecnoloxía e innovación aos procesos e produtos, e destacou igualmente a aprobación de máis de 2.700 proxectos ou iniciativas de internacionalización.
Economía e Industria promove a colaboración entre as empresas do sector das TIC para mellorar a súa competitividade
Compartir Este Artigo
