Xa é posible descargar a versión en galego para Windows, Mac OS X e Linux do Firefox 14, que continúa coa teima da Fundación Mozilla de lanzar versións a un ritmo de vertixe que podería estar a prexudicar a imaxe pública do navegador que nos últimos meses está a perder posicións fronte ao Chrome de Google. Esta nova versión do Firefox destaca por empregar o protocolo de comunicacións seguras (HTTPS) para as buscas en Google, poder funcionar a pantalla completa en Mac OS X Lion, permitir facer que os engadidos só carguen cando se faga clic sobre os mesmos (o que claramente pode mellorar a estabilidade e seguridade da aplicación), a barra de enderezos agora autocompleta os URL que escribiramos anteriormente e mellora o xestor de identidade de sitios web para evitar a suplantación dunha conexión segura empregando favicons. Tamén inclúe melloras para desenvolvedores e arranxa varios fallos detectados na súa anterior versión.
O Firefox 14 en galego xa está dispoñible para a súa descarga
Compartir Este Artigo

