A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, acompañada do delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o presidente da Asociación de Clubs Naúticos de Galicia, Francisco Javier Ruíz de Cortázar, presentou hoxe no Club Náutico de Portonovo as novas ferramentas de promoción da Asociación de Clubs Náuticos Galegos (ASNAUGA).
Estas novas ferramentas, impleméntanse, grazas ao convenio de colaboración asinado entre ASNAUGA e a Secretaría Xeral para o Turismo, para o desenvolvemento de distintas actuacións relacionadas coas tecnoloxías da información cara á potenciación e a promoción turística da costa galega, e en concreto dos portos deportivos e das actividades que se desenvolven a través dos clubs náuticos.

Con este traballo, ASNAUGA busca consolidar unha guía náutica interactiva baseada nas TIC na que os visitantes e navegantes poidan saber onde se atopan situadas as instalacións e os clubs, así como os seus portos deportivos e que servizos teñen, ademais dos puntos de interese turístico.
Os usuarios de dispositivos con Android poden descargar a aplicación oficial de ASNAUGA a través de Google Play, mentres que os usuarios de iPhone deberán agardar uns días a que esta ferramenta chegue á App Store. A aplicación permite atopar portos no mapa, consultar información e imaxes sobre un porto en particular e reservar estancias directamente dende a aplicación, que foi desenvolvida pola compañía viguesa Dosmasdos.
Os portos deportivos de Galicia estrean aplicación móbil
Compartir Este Artigo

