Para compartir imaxes (principalmente de produtos) dun xeito social está a ter bastante relevancia Pinterest, plataforma que quere potenciarse, polo que nos últimos días deixou de precisar de invitación para darse de alta e incluso estreou aplicacións para dispositivos móbiles.
No caso de trebellos con Android, Pinterest conta coa súa primeira aplicación en Google Play, que facilita realizar as mesmas funcionalidades que a súa versión web, pero contando tamén coa posibilidade de pinear coa cámara do dispositivo; para iOS a aplicación chega á súa versión 2.0, que xa non funciona só en iPhone, senón que tamén está adaptada para o iPad.
Un interesante paso adiante dunha plataforma que está a sorprender polo seu éxito entre o público feminino, que considéraa unha ferramenta apta para descubrir tendencias de moda, compartir ideas de deseño para o fogar ou incluso compartir receitas de cociña, fuxindo bastante do que estamos afeitos en servizos como Facebook ou Twitter.
Pinterest estrea aplicacións para iOS e Android
Compartir Este Artigo

