
Por unha banda temos a posibilidades de que o Surface baseado en Windows RT puidese ter un prezo de saída moi agresivo que fixese que o público que desexe un tablet xa non tivese en consideración as alternativas con Android ou iOS, pero fabricantes como Acer están a presionar para que Microsoft non teña a ousadía de lanzar o Surface por 199 dólares, e sitúen o prezo nuns 499 dólares para non prexudicar ás vendas de tablets dos seus socios, aínda que a súa reivindicación inicial era que Microsoft desbotase a idea de comercializar o seu propio tablet. De feito, Asus, Lenovo, Samsung e Dell xa amosaron as súas intencións de non comercializar tablets con Windows RT no caso de que non sexan capaces de competir co prezo do dispositivo de Microsoft, o que non parece importar á compañía norteamericana, que ten a intención de facerse co 30% da cota de mercado dos tablets con Windows (¿seguindo os pasos de Apple?).

En vista deste panorama non resulta sorprendente que algúns fabricantes non teñan pensado entrar na competición dos tablets económicos con Windows RT e dirixan os seus esforzos a crear grandes equipos de cara ao lanzamento de Windows 8, tanto en formato tablet como tipo Ultrabook, estando a ter este último tipo de equipos unha recepción bastante boa, converténdose na configuración de ordenador portátil que parece destinada a manterse no mercado, mentres que os ultraportátiles de baixo custo que tanto se venderon nos últimos anos parecen destinados á extinción.
Os tablets con Windows RT poderían custar menos de 300 dólares
Compartir Este Artigo
