
Deste xeito poderemos cambiar de canle, ir ao cuarto de baño ou achegarnos á cociña durante a publicidade dos nosos programas favoritos para retomalos cando rematen as pausas promocionais, o que entendemos que non resultará moi agradable para as canles televisivas e anunciantes, pero que claramente agradecerán os espectadores que queren poder erguerse do sofá uns minutos con certa tranquilidade ao saber que o seu móbil avisarao cando rematen os anuncios.
Esta ferramenta precisa de conexión de datos para funcionar (recoméndase Wi-Fi) e é un desenvolvemento de Lorem Solutions que se ofrece de balde con publicidade. Para que este servizo funcione Duck emprega unha tecnoloxía para a identificación da publicidade televisiva desenvolvida en exclusiva para esta aplicación.
Unha nova aplicación avisa cando rematan as pausas publicitarias en televisión
Compartir Este Artigo

