A popular aplicación de mensaxes que integra comunicacións de voz sobre IP, Viber, conseguiu superar os 100 millóns de usuarios en todo o mundo, grazas en boa medida por estar dispoñible para varias plataformas, de xeito que, aínda que onde destaca é en iOS e Android, tamén está dispoñible para Nokia S40, Symbian, Bada e Windows Phone.
Para S40, Symbian e Bada a aplicación de Viber limítase á mensaxería de texto, como tamén fai para moitos móbiles con Windows Phone 7, pero no caso de gozar dun terminal Nokia Lumia sería posible acceder aos servizos de voz a través da aplicación que está a ser desenvolvida en coa compañía finlandesa e que aínda está en fase de probas (cando a ferramenta estea rematada ofrecerán VoIP para todos os usuarios).
A aplicación de Viber para iPhone tamén vén de renovarse, chegando á versión 2.2.1, que como principal novidade ten a incorporación de localización a múltiples idiomas: árabe, chinés tradicional e simplificado, francés, alemán, ruso, hebreo, portugués e español.
Viber supera os 100 millóns de usuarios e ofrece VoIP para os Nokia Lumia
Compartir Este Artigo

