
Dende Samsung destacan que o seu móbil ten unha pantalla máis grande e con máis píxeles, que a súa autonomía é claramente maior, que ten o dobre de memoria RAM, que o seu almacenamento interno é ampliable e que ten un conector estándar (micro USB), á vez que empataría co iPhone 5 en conectividade móbil, software de recoñecemento de voz e resolución de gravación de vídeo.
Pero os surcoreanos non quixeron limitarse a unha comparación xusta, e engadiron á comparativa unha serie de elementos dos que carece o iPhone 5 como NFC, batería extraíble e numerosas funcións de software, sendo este último elemento innecesario, pois dende Apple tamén poden engadir unha boa listaxe de funcionalidades do seu sistema operativo das que carece Android.
Haberá que ver agora se a nivel internacional atrévense a facer unha publicidade tan polémica e agresiva, pois a carreira polas prestacións técnicas non parece ser algo que importe especialmente ao usuario final, que podería dar máis importancia a elementos como o grosor e o peso, nos que o iPhone 5 si acadará unha posición excelente, só superada por uns poucos móbiles de distribución bastante limitada.
Samsung lanza nos EE.UU. unha agresiva campaña publicitaria contra o iPhone 5
Compartir Este Artigo
