O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, foi o encargado de clausurar, a pasada fin de semana, o Curso de Formación de Procuradores dos Tribunais para o Máster Interuniversitario en Procuradoría, celebrado na EGAP, cunha intervención na que resaltou o bo facer da Xunta de Galicia en materia de modernización da Xustiza.
Tal e como lembrou Martín, este ano completouse a implantación do sistema de comunicacións seguras Lexnet nos órganos xudiciais das provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra, un servizo que se implantará ao longo deste mes na totalidade da provincia de Ourense.
Esta plataforma, que xa leva tramitadas máis de 1,5 millóns de notificacións, permite o intercambio seguro de información a través de Internet entre xulgados, procuradores e avogados do país, de xeito máis seguro e rápido que o anterior sistema de transmisión de datos.
A Xunta destaca a importancia da modernización dos sistemas de información da xustiza galega
Compartir Este Artigo

