A fin de facilitar a súa descarga e ampliar os soportes nos que se poden consultar, Wikipedia vén de habilitar un sistema que nos permite elaborar libros electrónicos en formato EPUB a partir das seleccións que fagamos da información que contén a plataforma en liña.
Ata o de agora a plataforma xa permitía elaborar documentos en formato PDF ou ODT a partir das páxinas seleccionadas, porén co novo formato, bastante popular a raíz do éxito dos lectores de libros electrónicos e de dispositivos móbiles, ábrese o abano de posibilidades para a descarga de contidos de interese.
Malia que no anuncio da implementación do novo formato Wikipedia afirma telo dispoñible só para inglés, o certo é que o equipo de redactores e redactoras de Genbeta probaron a aplicación e aseguran que tamén se pode usar dende a versión español, “a lo menos cando o probei funcionou sen problemas”, afirma Ivan Lasso.
Segundo parece, a única diferenza que se atopa na versión en inglés respecto da de español é que lle engade unha portada ao libro co título e o logo de Wikipedia, portada que na versión española non sae.
Para usar a aplicación tan só é necesario pinchar na ligazón Crear un libro que hai na barra lateral, e irlle engadindo tódalas páxinas que desexemos ao noso documento por medio dunhas ligazóns que aparecen ao inicio da páxina.
Unha vez rematado este proceso, ordenamos as páxinas ao noso gusto, poñémoslle un título ó documento e escollemos o formato que desexamos para a nosa publicación: PDF, ODT e agora tamén EPUB.
Wikipedia inclúe o formato EPUB na súa aplicación para crear libros
Compartir Este Artigo

