Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un informe alerta de que o galego está ameazado no dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un informe alerta de que o galego está ameazado no dixital

Marcus Fernández
Publicado: 26/09/2012
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

meta_white_papers.jpgA rede pan-europea de excelencia Meta-Net presenta hoxe unha serie de 31 libros brancos co gallo do Día Europeo das Linguas, e que alerta de que 21 do 30 idiomas europeos analizados están en perigo de extinción no ámbito dixital por carecer de ferramentas automáticas de tradución, procesado de textos ou recoñecemento de voz o suficientemente desenvolvidos como para manter unha presenza significativa no contorno tecnolóxico.
Entre as linguas ameazadas estarían o catalán, o éuscaro e o galego, que padecen un situación moi diferente ao español, que aproveita a súa presenza internacional para gozar do apoio das grandes multinacionais á hora de incorporar linguas aos seus produtos e servizos, converténdose nun idioma con máis apoio que outras linguas europeas como o alemán ou o francés.
O libro branco sobre O Idioma Galego na Era Dixital, foi un traballo coordinado por Carmen García Mateo e Montserrat Arza Rodríguez (ambas da Universidade de Vigo) coas contribucións de Xaier G. Guinovart (Universidade de Vigo), Eduardo R. Banga (Universidade de Vigo), Xosé Luís Regueira (Universidade de Santiago de Compostela) e José Ramom Pichel (Imaxin Software), traballo do que adiantaron algúns detalles o ano pasado, e que sostén que a revolución dixital (comparable á invención da imprenta por Gutenberg) é un risco para a nosa lingua e un reto para a tecnoloxía lingüística.
O informe tamén dá conta da limitada presenza do galego na Internet, aínda que existan iniciativas a ter en conta como a Galipedia, a iniciativa para conseguir un dominio de Internet para a lingua e a cultura galegas, a posibilidade de que servizos como Google e Facebook estean dispoñibles en galego, que existan numerosas iniciativas defendendo a nosa lingua a través do software libre ou que proliferen os xornais en liña en galego (aínda que nalgúns casos correspondan a xornais en español traducidos de xeito automático).
As conclusións do texto relativo ao galego é moderadamente optimista, pois en Galicia hai unha comunidade investigadora en tecnoloxías da lingua con apoio institucional e producíronse numerosos recursos e tecnoloxías de última xeración para o galego, aínda que por outra banda dáse conta do reducido tamaño do sector TIC galego e do pouco apoio por parte das grandes multinacionais á hora de apoiar a linguas cun número reducido de falantes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026
Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?