
Gilpérez tamén informou ao presidente da Xunta de que Telefónica realizará un investimento de 37 millóns de euros durante 2013 para achegar a fibra óptica a preto de 180.000 fogares galegos, o que contribuirá á creación de 225 empregos no sector TIC galego. O operador tamén continuará a investir no espallamento de redes fixas e móbiles, en boa medida para cumprir cos compromisos adquiridos por Telefónica no marco do Plan de Banda Larga da Xunta para achegar acceso á Rede a preto de 340.000 galegos a través de 3G e ADSL.
Telefónica investirá 117 millóns de euros en Galicia durante 2013 e creará preto de 500 postos de traballo
Compartir Este Artigo
