
Para poñer en marcha este sistema, a Consellería de Traballo e Benestar levou a cabo tres fases: a dixitalización dos expedientes históricos, a implantación dun programa de xestión documental e traballou na tramitación electrónica.
En primeiro lugar, Mato explicou que a dixitalización dos expedientes históricos ten suposto traballar con 137.000 expedientes. Na actualidade, este proceso xa está rematado nun 93,5%, é dicir, máis de 128.000 expedientes xa se dixitalizaron e os 9.000 restantes estarán listos no mes de outubro. Tanto os expedientes históricos como os novos que vaian entrando serán envorcados de xeito automático nun programa de xestión documental.
Mato destacou que a grande vantaxe que ofrece o expediente dixital é facilitar a tramitación telemática dos novos expedientes por parte do cidadán.
A posta en marcha deste expediente dixital para a dependencia forma parte do Plan de Modernización da Administración e da a estratexia tecnolóxica da Xunta, que busca integrar as TIC en todos os eidos administrativos para conseguir unha maior eficiencia reducindo os tempos e custes dos trámites.
O expediente dixital en dependencia permitirá tramitar a súa solicitude na web a partir de outubro
Compartir Este Artigo
