
A aplicación oficial para móbiles de MeteoGalicia pode descargarse de balde para dispositivos con Android ou para terminais móbiles de Apple, facilitando a consulta da información meteorolóxica de máis de 29.500 localidades e 800 praias, podendo tamén consultar a predición meteorolóxica dun punto determinado no mapa, amosando información detallada por hora para os vindeiros 3 días, con datos como a temperatura, o vento, as precipitacións, o estado do ceo, a humidade… facilitándonos a planificación da nosa actividade diaria en función do estado do tempo.
Nos últimos días esta aplicación está a mellorar considerablemente o seu volume de descargas, posiblemente porque incrementouse o grado de coñecemento entre a poboación galega, que tamén emprega cada vez máis móbiles conectados que permiten o uso de aplicacións, e como acontece en todo o Estado, os terminais móbiles que predominan son os baseados no sistema operativo Android, de aí que o 72% das descargas de MeteoSIX Mobile correspondan á súa versión para o S.O. promovido por Google.
MeteoSIX Mobile supera as 20.000 descargas
Compartir Este Artigo

