De cara aos comicios electorais do vindeiro domingo cómpre lembrar á cidadanía que dispón dunha completa páxina web sobre os mesmos posta en marcha pola Xunta é que dá conta de todos os detalles sobre as eleccións ao Parlamento galego, que van dende a explicación do sistema de votación (presencial ou por correo), a composición das mesas e as candidaturas presentadas por provincias ata a publicación dos resultados provisorios durante a xornada do vindeiro día 21, momento no que este espazo en liña agarda ser un referente informativo.
Ata o momento este espazo na Rede captou preto de 11.000 visitantes, complementándose o seu labor informativo co Teléfono do elector (900 81 25 40), aínda que o seu momento chave será o domingo, cando recibirá datos achegados grazas aos 2.770 representantes da Administración que no 64% contarán con terminais informáticos que facilitarán a transmisión de datos da votación dende os colexios electorais ata o centro de procesamento da información.
Este ano distribuirase 1 PDA por cada 3 mesas electorais para axilizar o escrutinio, e a información recollerase dende 2 centros: na cidade da Cultura e no edificio administrativo de San Caetano (Santiago de Compostela). As instalacións do Gaiás recibirán os datos das provincias de A Coruña e Lugo, mentres que Ourense e Pontevedra enviarán a información ás instalacións da Xunta en San Caetano.
A información sobre as eleccións ao Parlamento galego pode consultarse na web
Compartir Este Artigo
