
No decurso da xornada trataranse temas relacionados coas últimas tecnoloxías e plataformas para o desenvolvemento de aplicacións para Windows: Windows8, Windows Phone 8 e Azure.
A xornada vai dirixida preferentemente a desenvolvedores/as, programadores/as, estudantes interesados no DAI e, en xeral, perfís técnicos que desexen obter información e coñecementos relacionados coa temática do desenvolvemento e programación en contornas Windows.
O acceso ao evento, previa inscrición a realizar en liña (a través do espazo da web do CNTG onde se dá conta das súas actividades vindeiras), é de balde e condicionado ao aforo do local.
O CNTG acolle o 27 de novembro unha xornada técnica sobre ferramentas para Windows
Compartir Este Artigo
