O fabricante de electrónica de consumo con sede en Compostela, Blusens, estreou nos últimos días unha aplicación en Google Play que facilita o acceso á súa tenda de produtos dende móbiles e tablets con Android 2.2 ou superior.
A nova aplicación desenvolveuna integramente un equipo de desenvolvedores de Blusens en Santiago de Compostela, e aparte de estar accesible dende dispositivos que inclúan a aplicación de Google Play, tamén virá incluída en todos os tablets que Blusens fabrique a partires do vindeiro Nadal.
Blusens estrea aplicación para Android da súa tenda en liña
Compartir Este Artigo

