Hoxe é o día no que os novos tablets de Apple chegan ás tendas de todo o mundo, de xeito que xa é posible adquirir a versión renovada do novo iPad con pantalla Retina (que mellora o seu procesador e incorpora o porto de conexión Lightning) e o iPad mini, produto moi agardado e, aínda que é de supor que teña unhas vendas bastante boas de aquí a Nadal, non está a provocar a típica reacción ante un lanzamento de Apple como coa estrea do iPhone 5 ou do novo iPad, pois as colas que se formaron nas tendas foron substancialmente máis pequenas.
Ao parecer en Sydney só había 50 persoas facendo cola polo novo tablet de 7,9 polgadas, mentres que en Tokio e Seul xuntáronse 100 persoas fronte as tendas de Apple para mercar o iPad mini, polo que poderiamos asegurar que a expectación por este produto non é tan boa como en produtos anteriores e os analistas estiman que na primeira fin de semana venderanse preto de 1,5 millóns de unidades de iPad mini cando o iPad de terceira xeración conseguira colocar 3 millóns de dispositivos, o que pode atender a moitas razóns, entre as que están a ausencia de pantalla Retina e a competencia, tanto con outros dispositivos de Apple, como con tablets de pequeno tamaño como o Nexus 7 e o Kindle Fire HD, que están a ter unhas vendas máis que aceptables.
Chegan as tendas o iPad mini e o iPad de 4ª xeración
Compartir Este Artigo
