A cadea de tendas xermana Karstadt anunciou que venderá
o iPhone de Apple tanto con contrato (cunha operadora sen determinar) coma libre, o que supón unha importante novidade para o mercado europeo, pois indicaría que non haberá unha exclusividade absoluta nos terminais coma acontece en EE.UU.
Os
responsables da cadea alemá agardan ter unidades do iPhone a tempo para a campaña de Nadal, aínda que non se publicou nin o prezo ó que se venderá nin outros detalles sobre a política de vendas de Apple en Europa.
O iPhone poderase mercar libre en Alemaña
Compartir Este Artigo

