Esta fin de semana a NBC estreou a versión en
probas do servizo NBC Direct, que
permite a descarga dos programas da canle televisiva ata 7 días despois da súa
emisión, e que se poderán ver durante un período de 48 horas tralos que deixarán
de funcionar grazas á protección DRM de Microsoft, polo que nun principio só
están dispoñibles para usuarios de Windows e Internet Explorer.
Este novo servizo iníciase despois de que a NBC abandonase o servizo iTunes
para manter un maior control sobre os seus contidos na Internet.
Estréase en fase de probas o servizo NBC Direct
Compartir Este Artigo

