Para usuarios de iPhone que desexen publicar na Internet cousas que vaian máis aló dunha mensaxe de Twitter ou unha fotografía en Instagram, pero tampouco queiran molestarse en administrar un blog, teñen unha plataforma chamada Zapd que a través dunha aplicación móbil que vén de estrar versión 2.0 permite a creación instantánea de páxinas web atractivas (permite elixir entre un amplo abano de aparencias predeseñadas) e adaptables a distintas pantallas (optimiza a súa presentación en función de visitar o espazo web dende un ordenador ou un móbil).

A ferramenta móbil de Zapd inclúe funcións de retoque fotográfico (para recortar e optimizar as imaxes que capturemos co móbil antes de compartilas), a posibilidade de subir varias imaxes á vez e intégrase os contactos que teñamos no móbil e os amigos que teñamos en Facebook, facilitando, en suma, a posibilidade de crear unha páxina web dende o móbil en apenas 60 segundos, o que agradecerán especialmente os usuarios máis creativos que desexen fuxir do PC.
Vídeo de presentación de Zapd
Zapd facilita a creación social de páxinas web dende o iPhone
Compartir Este Artigo

