As consolas de videoxogos de alta definición parece
que se van pór as pilas en compatibilidade multimedia, pois van a apertar o formato DivX en breve segundo as declaracións que fan dende a compañía que desenvolve o codec de vídeo máis
popular na Internet (e que xa está presente na meirande parte dos reprodutores de DVD domésticos).
Nun principio a
incorporación do DivX á PS3 parece que se vai chegar na vindeira actualización do seu firmware, o que suporá unha grande mellora das prestacións multimedia da consola, pero a xente de Microsoft tampouco é allea ó mercado, e están
a negociar con DivX a incorporación do seu codec
á Xbox 360, polo que podería chegar en decembro á consola de Microsoft.
O DivX podería chegar en breve ás consolas de alta definición
Compartir Este Artigo

