A aplicación móbil de YouTube para Android renovouse hoxe incorporando como principais novidades funcionalidades pensadas en levar os contidos que teñamos no móbil ou no tablet ao televisor. Esta posibilidade ábrese no caso de que teñamos o noso dispositivo móbil con Android na mesma rede Wi-Fi que un televisor con Google TV, de xeito que cando atopemos un vídeo que desexemos ver no televisor teremos que premer nunha icona que representa esa pantalla adicional, para que comece a reproducirse na mesma o vídeo de xeito instantáneo, pasando o noso móbil ou táblet a operar como un mando a distancia baseado na nube.
A interacción entre móbiles e tablets para controlar YouTube dun xeito no noso televisor tamén está dispoñible para usuarios da PlayStation 3 e a Xbox 360.
A aplicación móbil de YouTube fai máis doado ver os seus contidos no televisor
Compartir Este Artigo

