Pese ó movido panorama corporativo de Yahoo, que se
reparte entre alianzas con outras empresas e ofertas de compra (que poderían
chegar a producirse de xeito hostil) a compañía non cesa as súas medidas de reestruturación
do seu cadro de persoal, de xeito que reducirá os seus 14.300 traballadores nun
7%, o que se traduce no despido de 1.000
empregados.
Estas medidas drásticas se emprenden tras unha redución dos beneficios da
compañía, que ten que reducir gastos para mellorar a súa conta de resultados.
Yahoo despide a 1.000 traballadores
Compartir Este Artigo

