The Observer publicou o pasado domingo un artigo
no que recollía os
50 blogs máis influíntes do mundo, nunha listaxe que incluía Microsiervos
na 14ª posición, superando mesmo ó blog de trebellos tecnolóxicos de
referencia, Engadget, que quedou no posto 16.
A meirande parte dos blogs recollidos son norteamericanos, polo que a presenza
do blog que conta cun co-autor coruñés
resulta máis destacable.
Microsiervos aparece en The Observer coma un dos blogs máis influíntes do mundo
Compartir Este Artigo

