O culebrón da oferta de compra de Yahoo! por
parte de Microsoft podería chegar á súa fin, pois a compañía de Jerry Yang
rexeitou a operación por non ofrecer a compañía de Redmond os 37 dólares por
acción que pedían dende Yahoo! (Microsoft elevou a súa oferta ata 33
dólares/acción).
Microsoft
tamén anunciou que finalmente non intentará adquirir o buscador de xeito hostil
ante a posibilidade de que Yahoo se aliase con Google para evitar tal
operación.
Microsoft non mercará Yahoo!
Compartir Este Artigo

