Telefónica está a
comezar a duplicar a velocidade de liñas ADSL de xeito selectivo, pero esta
operación parece que está a provocar problemas aos usuarios, que dende
os foros de Internet protestan dicindo que levan
varios días con navegación lenta ou a imposibilidade de cargar certas páxinas
web, o que parece que se agravou dende a noite do luns, o que contrasta
co anuncio da operadora que aseguraba que xa medio millón dos 1,3 abonados que
pasarán de 3 a 6 Mbps gozan da nova velocidade de acceso, e negaba a existencia
de incidencias.
Moitos usuarios están a ter problemas tralo incremento de velocidade das súas conexións de ADSL
Compartir Este Artigo
