Este mércores os usuarios da consola portátil PS Vita terán dispoñible para a súa descarga a actualización de sistema 2.00 que incluirá o soporte para PlayStation Plus, e outros cambios como un navegador web con rendemento mellorado xunto con mellor soporte de HTML5 e Javascript e a posibilidade de tuitear enderezos de páxinas web, unha aplicación que permite a lectura e envío de correo electrónico directamente dende o sistema, un xestor de contidos que permite transferir contido entre PS Vita e un PC sen fíos así como navegar por cartafoles en PS3/PC e copialos a PS Vita, e varias opcións de personalización para os xogos clásicos de PSone.
A aplicación de correo electrónico facilita a configuración de ata 5 contas de e-mail e 5.000 contactos, incluíndo notificacións en pantalla para avisar cando se reciba algunha mensaxe.
A PS Vita incorpora aplicación de correo electrónico na súa última actualización
Compartir Este Artigo
