Onte chegou ao
Parlamento Europeo unha proposta para aplicar aos blogs as mesmas normas que
regulan a outras publicacións, o que moitos consideraban que podería reducir as
liberdades na Rede.
Finalmente a Eurocámara decidiu que é preciso iniciar
un debate aberto para definir o
estatuto das bitácoras de Internet ante a necesidade de protexer aos
autores (requirindo, por exemplo, que «as
terceiras partes teñan que mencionar a fonte cando citen declaracións»).
O Parlamento Europeo estudará un futuro estatuto dos blogs
Compartir Este Artigo
