A Xbox 360 contou
con varias revisións para evitar os impopulares problemas das tres luces vermellas, que case quedou
erradicado pola actual placa Falcon, pero dende varias webs comentan que xa
se están a ver dende hai uns días nas tendas consolas coa placa Jasper,
que incluiría un procesador gráfico de 65 nm (conservando un procesador
principal a 90 nm) o que continuaría a mellorar a resistencia da consola de
Microsoft (así coma reducir o seu consumo enerxético e o seu ruído).
A última revisión da Xbox 360 podería estar xa nalgunhas tendas
Compartir Este Artigo
