A CiberIrmandade
da Fala informa de que o reprodutor multimedia e xestor de descargas Miro xa
está dispoñible en galego, de xeito que distribúen
o ficheiro de tradución compatible tanto coa versión para Linux como para a
de Windows, sendo
precisa a súa copia no cartafol correspondente.
Miro permite non só reproducir multitude de vídeos e podcasts, senón que
facilita a xestión das súas descargas, converténdose nunha interesante
ferramenta.
A CiberIrmandade publica a tradución de Miro ao galego
Compartir Este Artigo
