Co lanzamento de iOS 6 dende Apple quixeron dicir adeus non só á aplicación de Google Maps, senón tamén á de YouTube, desvinculándose o máximo posible de Google, e para atender á demanda de vídeos en liña por parte de usuarios de iPhone xurdiu rapidamente unha aplicación oficial de YouTube na App Store, que comezou dun xeito moi rudimentario e que hoxe podemos entender que chego á súa madurez, pois coa súa última actualización incorporou aparencias optimizadas tanto para iPad como para iPhone 5, de xeito que xa pode utilizarse dignamente en todos os dispositivos móbiles de Apple.
A aplicación de YouTube para iOS permite gozar do catálogo de vídeos de YouTube, facilita a busca de vídeos e canles con autocompletado ou incluso empregando a nosa voz, permite acceder ás canles ás que esteamos subscritos (e incluso permite subscribirnos a novas canles), ten acceso a comentarios, vídeos relacionados e mesmo subtítulos, facilita a compartición de vídeos por correo electrónico ou a través de Facebook, Twitter e Google+, é compatible con AirPlay e incluso aproveita a tecnoloxía VoiceOver para mellorar a súa accesibilidade.
A aplicación oficial de YouTube adáptase ao iPad
Compartir Este Artigo

