
Pode sorprender que as casetes fosen capaces se sobrevivir a tecnoloxías como o MiniDisc (que deixou de fabricarse o ano pasado) e será en xaneiro de 2013 cando Sony deixe de producir as súas gravadoras persoais que quedaban en catálogo. Deste xeito diriamos adeus os reprodutores/gravadores de casete puros, manténdose temporalmente en fabricación os dispositivos híbridos que acompañaban o casete sintonizador de radio AM/FM e outras características que o fan atractivo para certos nostálxicos como o Sony CD CFD-A110, aínda que é de agardar que cesen a súa produción durante o ano que vén, confirmando a desaparición case absoluta dun soporte que quedou totalmente obsoleto.
Sony deixará de fabricar gravadoras de casete o mes que vén
Compartir Este Artigo
