O selo galego Taptil, especializado no desenvolvemento de aplicacións móbiles para iOS e Android, está a sorprender cunha orixinal ocorrencia que tiveron para celebrar o Nadal: a publicación na App Store dun simulador de pandeireta para iPhone e iPad, que permite tocar este tradicional instrumento en dispositivos móbiles para interpretar muiñeiras, xotas, maneos ou pasodobres, coa posibilidade de empregar auriculares de queremos adestrar en silencio no fogar.

Este divertido proxecto nace da colaboración das empresas Sixtema e Hacce Soluciones, que unen esforzos baixo a marca Taptil para ofrecer solucións como esta pequena mostra que busca facernos sorrir nestas datas, de aí que acompañen o seu lanzamento cun simpático vídeo no que a aplicación Pandeireta PRO anúnciase como se fose un produto de teletenda:
Unha empresa galega lanza un simulador de pandeireta para iOS
Compartir Este Artigo

