A carga sen fíos pretende ser unha das tendencias de 2013 grazas en boa medida á existencia do estándar Qi, apoiado por compañías como HTC, LG, Motorola, Nokia, Panasonic, Philips, Samsung, Sony ou Toshiba e con máis de 150 produtos actualmente no mercado (como o Nokia Lumia 920 e o Nexus 4, así como coa posibilidade de aplicala a móbiles anteriores mediante adaptadores externos) e unha das compañías que está a dar boa mostra diso é Fulton Innovation, que está a amosar no CES de Las Vegas un tablet que pode cargarse sen fíos e, ademais, tamén serve para cargar a outros dispositivos compatibles, ou sexa, que pode facer as funcións de cargador do noso smartphone, o que pode resultar moi práctico en mobilidade.
Aínda que este tablet resulte moi rechamante, dende Fulton están a traballar en moitos outros usos da carga sen fíos, como para o uso directo de elementos na cociña (de xeito que en vez de empregar esta tecnoloxía para cargar, utilizaríase directamente para alimentar), mesas que poderían cargar directamente tablets e portátiles situados sobre as mesmas, mesas de café e outros mobles que poidan servir para cargar os nosos trebellos, un sistema de carga aplicado a un bolso (conseguindo cargar un móbil Nokia Lumia 920 sen contacto directo) e moitas outras solucións que estes días poden verse na feira de electrónica de consumo de Las Vegas e que porto podermos ver ao noso redor como algo cotián.
Vídeo promocional do tablet que pode facer de cargador sen fíos
A carga sen fíos busca popularizarse en 2013
Compartir Este Artigo
