Para axudarnos a mudar de compañía de teléfono móbil ou simplemente para elixir entre as tarifas que máis nos conveñen temos dende hai uns meses unha aplicación para móbiles con Android 2.2 ou superior chamada Weplan que, pese a estar aínda en fase de probas, é plenamente operativo e analiza o noso consumo móbil para calcular a tarifa que máis se adapte ás nosas necesidades comparando as tarifas das 26 compañías que operan en España.
A aplicación non se limita a analizar o noso uso dos servizos de voz, senón que tamén mira as mensaxes de texto e o uso de datos para localizar as tarifas máis axustadas. Tamén conta cun widget configurable que dende o escritorio do móbil facilítanos información como o uso que levamos dos servizos contratados no último período de facturación (o que nos axuda a saber se debemos moderar o noso volume de chamadas, mensaxes ou datos se non queremos sobrepasar as cantidades incluídas na cota da nosa tarifa) e incluso pode simular en calquera momento a factura que recibiríamos partido do consumo realizado.
Weplan, pese a ser unha ferramenta ideal para comparar máis de 500 tarifas e controlar o noso consumo (pode lanzar alertas cando superemos certo consumo, achega estatísticas…) é totalmente de balde e responde a un concepto bastante sinxelo e intelixente como podemos ver no seguinte vídeo:
Unha aplicación para Android axúdanos a elixir tarifa móbil e controlar o noso consumo
Compartir Este Artigo

