
O Nokia Lumia 510, ao ser un novo dispositivo, xa está a distribuírse con Windows Phone 7.8, mentres que o resto de smartphones Lumia comezan a recibir a actualización hoxe, aínda que o normal será poder actualizarse a Windows Phone 7.8 durante o mes de febreiro (cando estea dispoñible, os usuarios reciben unha alerta no seu móbil instándoos a conectar o seu móbil a un PC con Zune ou un Mac coa correspondente aplicación de Windows Phone).
Na última actualización de Windows Phone 7.5 incorporábase aos móbiles Lumia novas funcionalidades como a posibilidade de compartir a conexión á Rede (tethering), compartir ficheiros por Bluetooth, gozar de melloras de imaxe con Camera Extras e a dispoñibilidade de aplicacións como a Contact Share, Play To e Nokia City Lens, pero con Windows Phone 7.8 a cousa aínda mellora máis, cun novo menú de inicio a 4 columnas coo posibilidade de elixir entre 3 tamaños de baldosa para cada aplicación ancorada no mesmo, poder personalizar a pantalla de bloqueo (por exemplo, permitindo que Bing modifique a súa imaxe de fondo diariamente) e incrementando o seu soporte de linguas (deixando polo momento fóra ao galego, que continúa presente na súa navegación GPS por voz). Temos así que tras a actualización parece que estamos ante un novo móbil.
Vídeo no que explican a nova actualización dos vellos Lumia
Nokia confirma o inicio da actualización a Windows Phone 7.8 para os seus móbiles Lumia
Compartir Este Artigo
