O río dos dispositivos móbiles está revolto, pois segundo datos de ABI Research imos rematar 2013 con 1.400 millóns de smartphones, dos que o 57% corresponderían ao sistema operativo Android e o 21% a iOS, mentres que no ámbito dos tablets, que chegaría a 268 millóns de dispositivos activos o 62% corresponderían a iOS e o 28% a Android, e en calquera dos casos queda moi pouco pastel que repartir entre o resto de plataformas, polo que Windows Phone e BlackBerry 10 téñeno difícil, pero estiman que poderían congregar a un volume de usuarios o suficientemente grande como para manter aos desenvolvedores interesados.
Dende ABI Research chegan a concretar que esperan rematar o ano con 45 millóns de móbiles con Windows Phone activos, mentres que BlackBerry 10 podería achegarse aos 20 millóns (ou sexa, que a loita polo terceiro posto estaría máis que decidido) á vez que Microsoft podería conseguir chegar a 5,5 millóns de tablets con Windows. Estas previsións estarían moi por debaixo do que agardan tanto Microsoft coma BlackBerry, pero en calquera caso parecen acadar unhas dimensións que permiten a supervivencia de ambas plataformas, aínda que tamén dá a entender que sistemas como Firefox OS ou Tizen teríano moi complicado para pasar de ser meras anécdotas.
Prevén que BlackBerry 10 rematará o ano con menos da metade de móbiles activos que Windows Phone
Compartir Este Artigo
