O Colexio Profesional de Enxeñeiros Técnicos en Informática de Galicia organiza os dous primeiros venres pola tarde e sábados pola mañá do mes que vén un curso de desenvolvemento de aplicacións para Android destinado a profesionais TIC que desexen ampliar o seu coñecemento e habilidades nunha tecnoloxía emerxente e de elevada demanda. Os interesados deberán ter uns coñecementos mínimos en programación Java e con coñecemento do IDE de desenvolvemento Eclipse, tendo que levar o seu propio ordenador portátil ao curso que impartirá José Cortés, enxeñeiro en Informática pola Universidade Politécnica de Cataluña e co fundador e membro do equipo directivo de Slash Mobility.
As xornadas formativas desenvolveranse no Gran Hotel Santiago, o número de prazas dispoñibles é de só 25, e o prezo de matrícula ordinario é de 500 euros, aínda que os estudantes universitarios galegos pagarán a metade, e os colexiados/pre colexiados pagarán só 90 euros (45 euros en caso de estar desempregados).
O programa do curso é o que segue:
1 Introdución
Evolución do sistema Android, a súa orixe e motivación, compañías que dan soporte dentro da Open Handset Alliance e en que consiste o sistema operativo Android.
2 Arquitectura do sistema
Analizaranse a arquitectura que compón o sistema operativo Android dende un punto de vista de sistema.
3 Ámbito de desenvolvemento
Nesa sección mostrarase todo o necesario para comezar o desenvolvemento sobre Android a través do IDE de desenvolvemento Eclipse: dende a configuración do ámbito, descarga dos elementos fundamentais, ata o desenvolvemento propio dunha aplicación en si.
4 Arquitectura das aplicacións Android
Explicarase cuales son os compoñentes lóxicos que compoñen unha aplicación Android, dende os seus requirimentos, elementos gráficos, partes funcionais e os ciclos de vida dos distintos compoñentes da aplicación.
5 Almacenamento de datos
Mostraranse os distintos mecanismos de que se dispón de cara a facer persistir a información, almacenala, consultala e modificala.
6 Multimedia
Mostraranse os diferentes recursos dos que dispón a plataforma Android para traballar con elementos multimedia tales como Media player, camera.
7 Proxecto Android
Propoñerase ao alumno a realización dunha aplicación Android baixo a tutela do profesor para que desenvolva todos os coñecementos e habilidades obtidos durante o curso.
