Entre os días 5 e 7 de marzo en Barcelona e Madrid respectivamente celebrarase o terceiro Forum Internacional ISO 20.000 organizado por Ozona Consulting, que dividirá o evento en 2 bloques (un de divulgación e outro de casos prácticos) destacando a presenza de Jan Van Bon, autor de máis de 20 libros sobre a xestión de servizos e que presentará a súa última obra, The ISM Method. A Van Bon acompañarano o editores da norma ISO 20.000, o galego Diego Berea e David Bathiely, que profundarán nas últimas novidades desta norma. Berea centrarase no Pasado, presente e futuro da ISO 20.000, mentres que Bathiely exporá os Escenarios de aplicabilidade da ISO 20.000.
Luis Morán Abad, vicepresidente do tSMF, inaugurará o evento en Madrid, mentres que Ricard Pons, director executivo do tSMF, fará o propio en Barcelona. Tamén participarán nestas xornadas Daniel Matey, enxeñeiro prevenda de Microsoft e Ricardo Santiago, Country Manager de Exin e secretario do comité técnico de normalización de Xestión e bo goberno TI de AENOR.
Este encontro, que nas súas 2 primeiras edicións superou os 500 participantes, busca axudar ás organizacións a definir e implementar unha estratexia de cara á xestión de servizos, estando dirixidas as xornadas a perfiles de dirección, estando xa aberto o proceso de inscrición ás mesmas. O programa das xornadas será como segue:
9:00 Acreditación de asistentes
9:30 Apertura da sesión
Luis Morán / Ricard Pons itSMF
9:40 Pasado, presente e futuro da ISO 20000
Diego Berea, editor da ISO 20000-7 e da ISO 20000-2
10:10 The ISM Method
Jan Van Bon InformIT – ITSM Portal
10:30 Escenarios de aplicabilidade da ISO 20000
David Bathiely, editor da ISO 20000-3
11:00 Evolución de la formación ITSM
Ricardo Santiago, Exin
11:30 Coffee break
12:00 Casos de éxito
· Cuatrecasas, Gonçalves Pereira
· Colt
· Cepsa
· Riu Hotels & Resorts (en Barcelona)
· Aqualogy (en Barcelona)
· IGAE (en Madrid)
13:15 Relación entre unha ferramenta ITSM e un orquestrador
Daniel Matey, Microsoft
